Pois mira ti que resulta que as cousas que escribo no blog resúltanlle interesantes a xente. Polo menos a unha persoa, Silvia Carregal do blog Ellas Tambien Juegan, que acaba agraciarme cun dos cinco premios Liebster Blog que pode dar.

A Silvia coñecina via cea tuitera. Xuntamonos varios de tuiter para coñecernos en persoa por ser do RC Deportivo e desde ai. Cando me dixo que me ía dar un dos premios non tiña nin idea de que raios era iso dos premios Liebster Blog e resulta que paréceme unha iniciativa moi interesante e ollo, non só porque me deran un a min. Pois ben, son un recoñecemento entre bloggers para facer rede e dar a coñecer as bitácoras que resultan mais interesantes aínda que non cheguen a moita xente. Non son premios de saír na Tv, nin de blogs con moitos seguidores, pero teño que recoñecer que se te gusta escribir na túa pequena páxina do mundo @nline estas cousas conseguen sacarte un sorriso e anímante a seguir.

Cando aceptas o premio comprometeste a premiar outros cinco blogs e hai que cumplir as seguintes normas:

  1. Copiar e colar o premio no teu blog ligándoo o blogger que te premiou
  2. Premiar os teus cinco blogs deixandolles un comentario nas súas entradas para notificarlles que gañaron.
  3. Confiar en eles para que sigan a cadea

Como vedes é algo moi sinxelo e entre bloggers. Sempre é bonito que xente que, coma ti, ten unha bitácora véxaa interesante xa sexa pola temática, a aparencia ou o xeito de escribir. Así que non me enrolo mais imos dar os cinco premios

Un pais en lata – O leva Fran Lorenzo, xornalista de Vigo e trata sobre a actualidade galega e os tópicos do pais. Moi recomendable.

Mais de 140 caracteres – Cheguei a este blog por seguir o seu autor, Alejandro Lorenzo, en twitter. É unha bitácora de opinión e, como di Alejandro, subxectiva. Gústame porque concordo con el en bastantes temas, e o titulo é imaxinacion en estado puro.

Tirar do fío – Helena, a blogger, fala entre outras cousas de literatura e de cociña e as veces de historia. Para min case era unha obriga ser lector porque toca tres das miñas aflicións.

Ellas tambien juegan – Non podía faltar a gran Carregal. O seu blog trata de dar visibilidade o deporte feminino galego. Por se non o sabedes moitos dos éxitos do noso deporte veñen de mulleres como Teresa Portela, Vero Boquete, Bea Gomez e tantas outras que esquezo eu, e tódolos medios informativos. Así que mais que unha elección o premio para este blog é unha obriga.

Non me trabuquei, dixen cinco premios e cinco teñen que ser. O que pasa é que a autora deste derradeiro blog non quere publicidade pero aínda así que quede constancia.

E xa está! Agora seguide a cadea e lede blogs. Todos temos algo interesante que contar.

Advertisements