Etiquetas

,

Valencia 3 – Deportivo 3

Gran resultado do Depor onte a noite en Mestalla ante todo un Valencia. En liñas xerais, as sensacions que deixou o equipo, son moi boas pero compre non deixarnos levar pola imaxe dun segundo tempo dos que te fan sentir importante. Hai problemas na defensa, e graves, ainda que é de supoñer que Laure e Ze Castro están chamados a ser indiscutibles nesta zaga e melloraremos. Caso aparte é o de Evaldo, sumase ben o ataque pero atras perde o sitio con frecuencia. Moito do perigo do primeiro tempo veu polo seu lado. Con Ze como central e as suas axudas ten que asentarse porque se non teremos un problema.

Na primeira metade os erros defensivos do equipo provocaron que marcar tres goles en Valencia, con toda a dificultade que ten, non chegara para gañar, os desaxustes atras foron evidentes. Catro fallos e tres goles en contra. Benvidos a primeira. Aqui non se pode fallar e menos contra equipos dos chamados grandes porque se regalas pintanche a cara. Ainda asi non todo foi negativo, do medio para adiante habia velocidade e chispa e faciamos dano. Ainda asi 3-1 o descanso, grazas o gol de Abel Aguilar, con gol anulado a Riki e Evaldo e Aythami no punto de mira polos erros e Marchena marcando territorio cunha tarxeta xa no minuto 20.

A reanudacion trouxo a sorpresa do troco de Aranzubia por Lux debido a unhas molestias estomacais pero o arxentino, coma sempre, fixo que non se notara a falta de Dani. Pouca diferencia hai entre os dous porteiros. Fora sorpresas atopamos un Depor mais asentado no campo, con mais balon e moi electrico arriba. Pizzi, Riki e Bruno eran un pesadelo para os locais e nun saque de esquina outra vez Abel Aguilar recortaba diferenzas e o Deportivo fixose amo e señor do partido. Mellor plantados en defensa, o balon circulaba rapido e ben e faciamos dano. Sobre todo a balon parado onde o arbitro tragouse un penalti clamoroso a Marchena, as sensacions eran de dominio absoluto do Deportivo, xogando fora e na casa dun dos chamadas a estar arriba, ver o Valencia pechado no seu campo aguantando o chaparron sacoume mais dun sorriso. Quero destacar a Juan Dominguez na circulacion de balon. Parece que non notou pasar de segunda a primeira e está xogando a moi bo nivel. Non creo que nunca faga un partido de dez pero tampouco de cinco. Sempre cumple e estase convertindo nun piar fundamental do Deportivo. Que leve o 10, un sinal. No derradeiro cuarto de hora, un penalti menos claro que o sufrido por Marchena puxo o definitivo empate no marcador, obra de Pizzi. Empurrou o Deportivo e case tivemos a vitoria nunha xogada persoal de Bruno e nun tiro de Pizzi pero o marcador xa non se moveu.

Xornada 2
G 1 P 0 E1
4 ptos, GF 5 GC 3
3º Posto

Nota do equipo: 7 sobre 10

O figura: Abel Aguilar (con permiso de Pizzi, Bruno e Juando)

O carallo: A defensa. 

 

Advertisements