Etiquetas

Levamos unha semana de tolos despois do anuncio do adianto electoral por parte do Presidente Feijoo. A semana pasada plantexaba as opcións que se lle presentaban a Feijoo no post Galicia, Feijoo e o adianto electoral. Onte o mediodía Xoán Bascuas coordinador xeral de Compromiso por Galicia (CXG) facía publica a derradeira oferta de coalición electoral a Anova. A ultima hora da tarde Xosé Manuel Beiras chamaba a unha fronte ampla con EU-IU e incluso o BNG. Dou por desbotada esta ultima opción porque nin o BNG aceptaría nin o vexo coherente pola nosa parte. Unha coalición formada por Compromiso+Anova+BNG actual ten como resultado o BNG antes de Amio e se marchou a xente é por algo. Como lle explicas a sociedade iso? O cachondeo seria máximo.

Pola noite, tivemos unha reunión na Coruña para poñer en común a visión sobre as posibilidades abertas e así trasladalas o Consello Nacional de mañá. Todos partimos da base de que o adianto trastocou moito os plans de CXG de dar o derradeiro pulo para asentar a organización pero a situación é a que é e non podemos estar chorando todo o día. Presentáronse, en liñas xerais, dúas liñas de opinión:

  • A favor da coalición entre Compromiso e Anova
  • A favor da fronte ampla (Con EU-IU) dado a situación de emerxencia que vivimos

A miña postura, pese a enormes reticencias que teño, vai encamiñada a unha coalición con Anova. Teño reticencias, que onte fixen publicas, porque non vexo excesivamente claro que beneficio pode haber na coalición con Anova mais ala de contar co carisma do profesor Beiras e da boa imaxe de Martiño Noriega. Díxose onte, e teñen razón, que Anova o que ten é o tirón electoral de Beiras que sumado a nos pode ser capital para un bo resultado. Por outra banda tamén se lembrou que o obxectivo que temos que ter hoxe en día, por urxente, é botar a Feijoo do goberno, cousa lóxica esta ultima tendo en conta que foi o maior desgaleguizador de Galicia desde os Reis Católicos de Castela e Aragón, ademais dun pésimo xestor.

Con EU-IU non me plantexo a coalición e penso que non é a liña maioritaria que se respira en Compromiso. Non temos nada en común con eles, nin ideoloxicamente nin na idea de Galicia así que non deberiamos perder o tempo. Ademais a nivel electoral non chegou o 1% nas derradeiras eleccións galegas en 2009 co cal a súa apartación é ben pobre. Certo é que en Compromiso non temos ningún resultado de referencia para orientarnos pero si sabemos que a recen integrada en CXG Terra Galega, tivo en solitario un 1.13%, co cal temos esa referencia mínima para nos guiar.

Resumindo e en resposta o titulo do post. Si, é desexable. Dadas as urxencias estou por unha coalición con Anova, e destaco o de coalición. Iso si, para CXG ten que haber unha cousa innegociable, digamos unha imposición pola nosa parte. Primarias abertas. É o noso compromiso para rachar o xeito de facer política neste pais. Unha vez aceptado isto pola outra parte que se senten os responsables e acorden un programa de mínimos, para presentarnos as eleccións e colaborar a botar a Feijoo “O Destrutor” do goberno.

O sábado hai Consello Nacional de CXG, o domingo reúnense os de Anova. En pouco mais de 48 horas saberemos o que pasará e poderemos poñernos a traballar.

Advertisements