Etiquetas

,

Deportivo 1 – Xetafe 1
Non me gustou o equipo onte polo que hai que dar o punto por bo. Seguimos con problemas defensivos (non só da defensa, ollo) que converten os nosos partidos nun exercicio de vertigo constante. Empezamos ben, intensos e con intención e chegamos o gol pola vía da estratexia, o cal é unha gran nova, e volveu marcar Riki, que tamén é unha gran nova. Ainda así o Xetafe facíanos dano coa súa liña de tres formada por Lafita, Barrada e Pedro León que saian rapidisimos a contra e un Colunga con moita mobilidade que foi un pesadelo para Aythami.

Arriscamos moitisimo en defensa, coa liña adiantada e sen presión suficiente no medio. De ai veñen moitos dos problemas, porque os rivais chegan en carreira contra os nosos centrais sen excesiva oposición. Abel Aguilar non pode con toda a parcela e Juan Dominguez ten que aportar mais sen balón. Non se lle pode pedir que defenda como un can de presa pero si que mellore a súa posición en tarefas defensivas. Deste xeito chegou o gol de Barrada. Falla a presión no medio e posibilita un pase en profundidade que deixa o marroquí do Xetafe co camiño cara Aranzubia libre e en liña recta.

A segunda metade foi eléctrica mentres duraron as forzas marcador xa non se movería. Tivemos algunha oportunidade mais nos pes de Riki e de Camuñas, tamén os madrileños tiveron algunha clara, sobre todo unha de Xavi Torres a centro de Lafita.

Como cousa positiva direi que, ofensivamente, temos pegada. E das boas. En defensa temos o problema que comentei arriba pero penso que con Ze Castro e Laure poden ter solución ou polo menos unha redución na defensa, co que so quedaría que os medios e interiores axusten mais a faceta defensiva. Son problemas de xogar como xogamos, con laterais abertos, defensa adiantada e interiores que pasan mais tempo xogando de extremos que no medio. Pero as sensacións e os resultados fan que o estilo sexa innegociable para Oltra e fai ben. Os xogadores está contentos con el e xogar así foi o que nos devolveu a ilusión.

Xornada 3
G 1 P 0 E2
5 ptos, GF 6 GC 4
6º Posto

Nota do equipo: 5,5 sobre 10

O figura: Riki

O carallo: Aythami e Manuel Pablo

Advertisements