Etiquetas

,

Granada 1 – Deportivo 1

Quedei con certa sensacion de desacougo co partido de onte. De entrada gustoume o plantexamento, con Camuñas no sitio de Valeron. Nun partido que facia presupor un inxente esforzo fisico pola calor non tiña moito sentido meter o flaco. Empezamos relativamente ben, co noso estilo de fora da casa, replegados e con sensacion de perigo cada vez que nos achegabamos a porteria rival. Riki estaba enchufado e tanto Bruno como Pizzi, ainda que un pouco acelerados, creaban perigo. A mala sorte cebouse con Rikikiller e a falla de lesions levou un cabezado no nariz que fixo que o tiveran que cambiar ainda que todavia tivo tempo para rematar un balo perigoso que case entra na porteria do equipo de Anquela.

Entrou Nelson Oliveira e nun minuto demostrou ser o mais listo da clase, aproveitandose dunha nefasta cesion o porteiro do Granada para enchufar o gol que adiantaba o Depor. Asi rematou a primeira parte e asi comezou a segunda. Con relativa tranquilidade pasaban os minutos e se cheiraba o segundo chicharro coruñes. Tivoo Nelson, nun trallazo a trabe que botou dentro pero que ninguen reclamou. Tivemos tamén un par de contras ben levadas que fixeron traballar moito a defensa e porteiro do Granada. E cando todo parecia que ia rematar con tres puntos no peto e cun Granada que non era quen de aproveitar as debilidades braquiazuis nas bandas, un barullo na área con Aythami polo medio (como non) rematou cun remate placentero do dianteiro do Granada que levaba o empate o marcador.

Dicia o comezar que quedei cunha sensacion de desacougo por varios motivos. Primeiro por ser o terceiro empate seguido, sobre todo polo que nos ven enriba (Sevilla, Madrid, Rayo e Barça), e despois porque vexo cousas que non me gustan nada, mais ala dos laterais. O mediocentro funciona cando o equipo leva velocidade de cruceiro pero cando temos que ter un cambio de ritmo (xa sexa subir ou baixar) Juan Dominguez non esta tendo a claridade suficiente. A maiores o equipo rompese, provocado en parte por esa falla de “tempo“. Hai xogadas nas que quedan ata cinco xogadores nosos fora de sitio. O estilo, innegociable, implica riscos pero as veces os buscamos nos directamente.

Paciencia e a seguir currando. Veñen agora catro partidos nos que se sacamos catro puntos é para estar mais que contentos. Hai que remar.

Xornada 4
G 1 P 0 E3
6 ptos, GF 7 GC 5
7º Posto

Nota do equipo: 5,5 sobre 10

O figura: Nelson

O carallo: Evaldo e Manuel Pablo

Advertisements