Etiquetas

,

Deportivo 0 – Sevilla 2

Bo partido en liñas xerais contra un dos equipos potentes da liga. Facendo un simil boxistico non foi unha derrota por KO, mais ben foi os puntos, pero derrota a fin de contas.

Saiu ben o Depor e o partido foi intenso contra un Sevilla que non esconde nada, ten un misil na banda dereita e un martelo pilon na dianteira. Un primeiro tempo de intercambio de golpes onde non se viu excesiva diferenza entre os dous equipos. Dous tiros os paus, un para cada un, e varias contras perigosas. Pola nosa parte vin moi fino a Valeron e a Riki, Bruno e Pizzi incisivos. Na defensa Marchena estivo imperial todo o partido.

No segundo tempo foise albiscando unha pequena diferenza entre os dous equipos. Mentres o Depor comezaba a sufrir pola banda dereita pola baixada fisica de Pizzi e a sua total e absoluta falla de apoios a Evaldo, o Sevilla seguia contando cun Navas rapido e incisivo e cun Negredo que remataba todo o que lle chegaba. Ainda asi non se lle perdia a cara o partido e tiña a sensacion de que o que marcara levaba os tres puntos. Foron eles e sumamos o cuarto partido seguido sen gañar.

Non vou ser eu quen se rasgue as vestiduras por isto, nin polo feito de xogar contra Madrid e Barça nas proximas xornadas, pero non deberiamos caer na complacencia da derrota inxusta ou inmerecida. Isto non é un equipo de furgonetas francesas. Somos o Real Club Deportivo e aqui hai que esixir mais que bo xogo. Hai que salvarse sen problemas e iso pasa por puntuar. Ollo, 6 puntos en cinco xornadas fan unha proxeccion de case 46 puntos, o cal non está mal para un recen ascendido, pero podemos dar mais.

Xornada 5
G 1 P 1 E3
6 ptos, GF 7 GC 7
10º Posto

Nota do equipo: 6,5 sobre 10

O figura: Marchena (Si, a pesar da cesion a Aranzubia)

O carallo: O 2º tempo de Pizzi

 

Advertisements