Etiquetas

,

Real Madrid 5 – Deportivo 1

O Deportivo saíu derrotado antes de aparcar o autobús no Bernabeu. Parecía que foron a sacarse fotos e recoller camisetas. A imaxe de Alex no descanso, agardando por Sergio Ramos diante do túnel de vestiarios cando xa estaban os demais xogadores dentro, supoño que para pedirlle a camiseta, é o resumo perfecto do que pasou onte. A desgana e nula  actitude que mostraron moitos dos xogadores que saíron onte o Bernabeu foi un insulto para a camiseta, o escudo e os seareiros que representan.Con actitude e esforzo, aínda que o resultado probablemente fora o mesmo, a imaxe seria outra ben distinta. Os xogadores deberían saber que o apoio que reciben, e seguiran recibindo, non é un cheque en branco.

Xornada 6
G 1 P 2 E3
6 ptos, GF 8 GC 13
12º Posto

Nota do equipo: 2 sobre 10

O figura: Vacante

O carallo: Todos

Advertisements