Etiquetas

Non. Non é que considere que as eleccións do 21 de outubro sexan unha loita de Feijoo contra si mesmo. O titulo ven provocado por unha desfeita da dirección de campaña do PP que merece ser publicitada. En pleno século XXI, a presencia das redes sociais nas campañas políticas é vital. Twitter, Facebook, e outras plataformas dan a posibilidade os candidatos de vivir nun mitin constante pero tamén dan a posibilidade os seus adversarios de atacar os seus puntos febles e destapar os erros cometidos. No caso dun candidato a reelección como Feijoo, cunha inxente cantidade de promesas incumpridas, mentiras e terxiversacións a falla de previsión do seu equipo provocoulles un problema sen solución.

En maio deste ano, en plena voraxine de rumores sobre o adianto electoral, o PP deu de alta a conta de twitter @Feijoo2012, como perfil oficial do presidente para un hipotético adianto electoral. Sen embargo ninguén valorou a posibilidade de facerse cun dominio web idéntico e aí é onde crearon da nada este problema que lles vai facer un dano terrible.

A web www.feijoo2012.com foi creada tamén en maio deste ano e dedicase a difundir as mentiras, erros e desfeitas varias dos catro anos de goberno de Alberto Nuñez Feijoo. Os promotores desta web crearon tamén un perfil de twitter @Feijoo_2012 desde onde difundir as actualizacions da web.

Parece que o PP non valora a forza que poden ter as redes sociais e a comunicacion 2.0 porque non se comprende semellante deixadez en xente que, se algo fan ben, é precisamente que sempre deixan todo ben atado.

Recoméndovos a lectura do post do blog Desenredando la red, que fai unha explicación perfecta do que supón este erro do equipo de campaña do PP.

Advertisements