Etiquetas

,

Rayo Vallecano 2 – Deportivo 1

Non. Non me esquecera de escribir sobre o partido do sábado. Estaba agardando a que se me pasara o cabreo para intentar ser minimamente obxectivo. Empezo.

O primeiro tempo, mais ala dos erros de bulto de Evaldo, deixounos un equipo brando, cutre e cunha falta de esforzo absoluta. Xogadores os que lles daba igual que lles meteran tres que catro e que levaban o extremo o dito de “correr é de cobardes”. INSUFRIBLE. Só un golpe de fortuna deixou que chegaramos o 2º tempo lixeiramente vivos no partido.

Despois do descanso vimos outro Deportivo. Activo, dinamico e esforzado. O xogo? Discutible, pero veiase intencion, gañas…o troco de Evaldo levounos a cambiar o plantexamento a defensa de tres e volcarnos o ataque ainda que sen demasiada cabeza e deixando vendido a Aranzubia en mais dunha ocasion.

O peor de todo é como se enturbiou o ambiente no deportivismo por este mal inicio de campaña, para alegria das hienas que agardaban ansiosas tropezons do equipo para saldar contas. A situacion é negativa ainda que hai que ter certa paciencia, xa que só van sete xornadas, pero sen deixar de ver que isto é primeira, que non somos superiores a ningun equipo e si inferiores a seis como minimo. Temos equipo, se hai actitude. Como non se poñan as pilas….

Xornada 7

G 1 P 3 E3
6 ptos, GF 9 GC 15
18º Posto

Nota do equipo: 2 sobre 10

O figura: Aranzubia e Laure

O carallo: Todos os demais

Advertisements