Quedan dous dias de campaña e os resultados do próximo 21 de outubro preséntanse mais abertos ca nunca. O PP será a forza mais votada pero as opcións de goberno están mais abertas que nunca e Feijoo non as ten todas consigo. Non me vou estender moito neste post porque creo que os feitos falan por si sós e catro anos mais de goberno do Partido Popular de Feijoo e Rajoy suporían un golpe mortal tanto o sistema de benestar como a Galicia. Sen ir mais lonxe, Feijoo dixo onte en Ourense que se o SERGAS non fora quen de atenderte en 45 días derivarían os doentes a hospitais privados. Velaí tedes o primeiro paso para a privatizacion dos servizos públicos.

Os que me seguides sabedes que son membro de Compromiso por Galicia e realmente considero que é un partido a ter en conta, con gañas de mudar as cousas e demostrar que é posible actuar dun xeito distinto. Se vos interesa déixovos a ligazón o noso programa electoral.

Sen embargo, se polos motivos que sexa non vos convencen as nosas propostas so vos pido que reflexionedes e decidades o voso voto en función dunha premisa imprescindible, votade a partidos galegos. Porque votando partidos galegos garantimos que as decisións que se tomen faranse pensando nos intereses de Galicia e non dirixidos desde Madrid en función dos intereses electorais ou políticos dos partidos que non teñen o centro de decisión aquí.

Tamén recomendo que se vaia votar. Non votedes en branco, nin con votos nulos. Non vos quededes na abstención. No século V antes da nosa era, o filosofo grego Platon afirmaba que “O prezo de desentenderse da política é ser gobernado polos peores homes”. Hoxe, en pleno século XXI, esta afirmacion ten mais vixencia que nunca.
A oportunidade de mudar as cousas é exercendo o dereito o voto.

Advertisements