Etiquetas

,

Deportivo 4 – Barça 5

Partido tolo. Dos mais raros que lembro onde un absolutamente todopoderoso Messi guiou un Barça que no minuto 17 gañaba 0-3 e que rematou colgado do traveseiro rezando para que rematara o bombardeo dun Deportivo que se resistia unha e outra vez a perder, cabalgando en estampida co apoio enxordecedor dunha afeccion que é todo paixon, sentimento e fé incondicional no que eles, que non o xogadores, poden acadar. Riazor é unha caldeira que nunca deixa o equipo tirado, ainda que o mereza en mais dunha ocasion.

O partido lembroume a peli de Rocky I, onde un boxeador de tecnica regular levaba unha malleira historica do campeon mundial Apollo Creed pero que se ergue unha e outra vez ata rematar acurralando o campion que gaña só os puntos. Asi foi o partido, a trompicons, con mais fe que outra cousa o Deportivo metiase no partido unha e outra vez para deixar un encontro tolo que de non ser por Messi, pobrablemente tivera rematado en vitoria branquiazul.

Foi epico. Pero de epica non se vive e sumamos a cuarta derrota seguido e quedamos nunha situacion moi dificil para visitar Vigo.

 

Xornada 8

G 1 P 4 E3
6 ptos, GF 13 GC 19
18º Posto

Nota do equipo: 6.5 sobre 10

O figura: Riki (Con permiso de Alex Bergantiños)

O carallo: Durante os primeiros 17 minutos TODOS

Advertisements