Etiquetas

,

Celta 1 – Deportivo 1

Gustoume o equipo no derbi do pasado sábado. Asi de claro. Con cousas a seguir mellorando, por suposto, pero en liñas xerais o equipo estivo ben. E Oltra tamén estivo ben. Moita leña está levando o mister esta semana acusado de falla de valentia para ir a por un Celta con dez. Sen embargo penso que fixo ben en non arriscar demasiado tendo en conta a velocidade nas contras do Celta. Imaxinemos que fai o de case sempre que é ir polo partido a tumba aberta, unha contra, gol do Vigo e para casa. Fixo ben en manter o sistema sen arriscar mais da conta porque o punto é moi bo na situacion actual do equipo. So lle podo recriminar o troco de Riki. Eu o deixaria no campo porque Rikikiller está espectacular. Na xogada do noso gol puido ser el que recollera o pase de Valeron pero tivo intelixencia abondo para ler ben a xogada, provocou a expulsion de Cabral e mentres estivo no campo xerou perigo e sobre todo xogo.

Do partido en si resaltar que o equipo estivo moi serio e, a marxe do erro do gol, tivemos o partido bastante controlado durante os noventa minutos. Na xogada do gol do Celta deuse un erro excesivamente habitual neste ano, perda de balon de Bruno Gama que busca o regate xusto cando o lateral o está doblando deixando a banda completamente desprotexida. Moi baixo de forma está Bruno e ben fariamos en buscar solucions porque é un xogador importantisimo para nos.

Do noso gol pouco hai que dicir. Enesima xenialidade do mais grande. Valeron alumea mais que o faro da Torre de Hercules. Dous toques, pase entre liñas, gol. Leva vinte anos facendo o mesmo.

Gustariame resaltar a tremenda facilidade coa que o Deportivo fai gol. Catorce chicharros en nove partidos, o cuarto equipo mais goleador do campionato. Si, xa sei que levamos 20 en contra, pero dez foron contra Madrid e Barcelona que saen a cinco goles por partido contra case todolos equipos. Asi que o dato hai que velo con obxectividade, non todo é un desastre no sistema defensivo ainda que si que recoñezo que xogamos cun risco moitas veces innecesario.

En fin…agora comeza a nosa liga cun aperitivo en Copa contra o Mallorca do vendedor de fume.

Xornada 9

G 1 P 4 E4
7 ptos, GF 14 GC 20
18º Posto

Nota do equipo: 6.5 sobre 10

O figura: Riki 

O carallo: Bruno Gama

Advertisements