Etiquetas

,

Deportivo 1 – Mallorca 0

Voltaba o infumable vendedor de fume de Caparros a Riazor nun partido no que nos xogabamos moito. Perder era meterse de cheo en problemas, empatar un mal menor e gañar esencial para estar outra vez na pelexa. Como cambia o futbol nunha semana. Antes do derbi o equipo viña dunha xeira de resultados desastrosa e afrontabamos tres partidos nunha semana. O final, empate en casa do Celta, co Mallorca en Copa en Riazor e, por fin, vitoria contra os Baleares en casa. Tres partidos sen perder e con sensacions de certa melloria na parcela defensiva.

Por contra non tiven a sensacion de que houbera futbol no equipo, dependemos moito de Riki, de Valeron, dun Pizzi  que fai a guerra pola sua conta e dun Bruno que non estivo atinado ata este partido. Pode parecer dificil de crer nun equipo cunha media de 1,5 goles por partido (entre os cinco mellores da categoria) pero atacamos mal. moi desordenados e sempre pendentes do talento individual.

Hai que seguir mellorando arriba sen perder o que xa se mellorou atras. A seguir remando

Xornada 10

G 2 P 4 E4
10 ptos, GF 15 GC 20
16º Posto

Nota do equipo: 6 sobre 10

O figura: Marchena

O carallo: Pizzi

Advertisements