Etiquetas

,

Zaragoza 5 – Deportivo 3

Partido moi raro o do pasado sabado na Romareda no que vimos dous Deportivos antagonicos. Na primeira metade puidemos ver o mellor xogo do equipo en meses, ben asentados atras e saindo as contras con rapidez e moitisima calidade. Resultado 1-2 o descanso, que ben puido ser un 1-4 porque tivemos duas ocasions clarisimas, unha bomba de Alex Bergantiños que case reventa o traveseiro e un remate es pec ta cu lar de Valeron en prancha case desde o borde da area. Esperanza

O segundo tempo comezou igual ata que unha parvada de Pizzi e unha polemica decision do arbitro deixou o equipo con dez. A partir de ai o equipo viuse abaixo dun xeito alarmante que se viu potenciado pola actuacion do colexiado. Pero seria de cegos botarlle a culpa a actuacion arbitral. Dos catro goles que nos meteron en 45 minutos, tres foron a balon parado. Certo, faltaba Marchena, pero precisamente por eso é preocupante. A absoluta dependencia de certos xogadores.

O final 5-3 que deixa en nada a vitoria da semana pasada ante o Mallorca. Seguimos metidos abaixo e sendo o Jekill&Hyde da LFP. Por un lado 18 goles a favor que nos converten no cuarto equipo mais goleador da liga empatados co Betis. Por outro 25 goles en contra que fai de nos o equipo mais goleado do campionato empatados co Rayo Vallecano. Alguen deberia tomar nota por Abegondo. Hai que seguir remando.

Xornada 11

G 2 P 5 E4
10 ptos, GF 18 GC 25
18º Posto

Nota do equipo: 4 sobre 10

O figura: Alex Bergantiños

O carallo: Pizzi, Juan Dominguez, Aythami

Advertisements