Etiquetas

Quietos. Antes de botarme os leóns parádevos un segundo a ler os meus motivos. Nin se vos pase pola cabeza pensar que por non ir a folga estou a prol das políticas que esta levando a cabo a troika formada polo FMI, UE, PP e Alemaña. Son unha autentica aberración que cercenan os dereitos da sociedade e fannos mais pobres en termos económicos e en termos sociais.

Sen embargo creo que en Galicia é difícil de comprender a convocatoria da folga e ata un chisco hipócrita cando acabamos de pasar unhas eleccións nas que o señor Feijoo, brazo executor da troika no pais, arrasou con todo. Si, é certo, a abstención foi do 40% e o porcentaxe do voto en branco tamén foi elevadísimo. Si, tamén é certo que o PP vai gobernar o pais con maioría absoluta co apoio de só o 27% do censo electoral. Todo iso xa o sei e xa din a miña opinión nun post do pasado 1 de novembro. Pero se había un momento de dicir basta as políticas que nos están levando a miseria era o día das eleccións. Exercendo o privilexio de poder votar. Que si, que tamén sei que os políticos son todos uns fillos de puta, que eles non nos van sacar desta, que so queren chupar do bote que blablablablablablablablablablabla. A toda esa xente que hoxe fai folga e non foi votar o pasado outubro, porque o fixestedes?.

“O prezo de desentenderse da política é ser gobernado por homes mediocres” Canta razón tiña Platon ala polo século V a.C. O momento de dicir basta, de berrar que non aturabamos mais, que non iamos permitir que aniquilaran os nosos dereitos sociais era o 21-O. Hoxe mais que un berro é unha rabieta. Un estar enfurruñado. Un agora enfadome e non respiro.

Asi que este é o meu motivo. O desencanto. Cada día que pasa estou mais desencantado coa sociedade galega e pregúntome se vale a pena esforzarse tanto por intentar axudar a mellorar o pais. Pais de leiras…

Advertisements