Etiquetas

,

Deportivo 0 – Levante 0

Espectáculos Deportivo S.A presenta: Esperpento.

Ben poderia ser o titular do partido de onte. A xa habitual candidez do equipo sumouse onte un cumulo de circunstancias de dificil explicacion. Antes do minuto 15 do primeiro tempo xa perderamos os dous centrais titulares por lesion. O de Ze, por habitual, xa non sorprende ainda que levaba tempo sen lesions pero, era necesario forzar a reaparicion de Marchena? É tanta a falla de confianza de Oltra en Roderick e Aythami que prefire forzar o sevillano?. Punto negativo para o mister.

Despois diso o partido non tiña moita historia. O Levante, que leva o seu estilo ata o infinito, marcou por un clamoroso erro da zaga blanquiazul pero nada mais. Podiase dicir que, a pouco que apretara o Depor, podiamos empatar ou incluso gañar. Pero enton fallamos un penalti, despois botaron a Aranzubia nunha xogada que alguns ven mais que discutible e rematamos xogando con Alex Bergantiños de porteiro, co equipo desquiciado e en postos de descenso outra semana mais.

Do arbitro mellor non falar pero chama a atencion que un equipo de hermanitas de la caridad como o Deportivo rematara con catro xogadores amonestados mais a expulsion de Aranzubia.

 

Xornada 12

G 2 P 6 E4
10 ptos, GF 18 GC 27
18º Posto

Nota do equipo: 3 sobre 10

O figura: Alex Bergantiños (corazon, alma e identidade de este equipo)

O carallo: Xa non sei……

Advertisements