Etiquetas

,

Athletic 1 – Deportivo 1

Partido serio o do Depor onte en San Mames aínda que lendo moitas das reflexións que se fixeron no microcosmos deportivista parece que baixou un santo a vernos. Sacar un punto da Catedral, contra estes leóns que xogaran mellor ou peor pero non deixan de correr e apertar (xusto o que mellor se nos da #ironía) e cunha defensa de circunstancias. Porque non sei se lembrades que xogamos cun central como Roderick que so levaba 90 minutos en copa e con Aythami barcoaladeriva Artiles. Da portería non digo nada porque Lux é do mesmo nivel que Aranzubia, e empezo a pensar que o mellor un punto mais.

O partido empezou cun Depor ben plantado, apertando arriba e que tivo a primeira nos pes de Riki. Pouco a pouco o Athletic foise facendo co partido e rematamos bastante pechados na área, sacando algunha contra e pouco mais. Na enésima cagada defensiva dun interior chegou De Marcos o medio da área para meter o primeiro. Antes tivera Llorente unha pero se atopou co traveseiro e unha gran reacción de Lux no rexeite.

O segundo tempo gustoume mais. Un Depor moito mais serio, ben asentado atrás e rápido arriba. Nun córner aproveitou Abel para marcar o empate a centro dun Valeron que foi o único que fixo en todo o partido. A partir de aí, acoso bilbaíno con bastante desorde e resistencia galega sacando contras perigosas. Nunha delas un centro de Camuñas estivo a piques de rematalo dentro Bodipo pero marchou por pouco. Bodipo merece un apartado especial. Vinte minutos, un remate difícil que case mete, un centro perigoso que case clava Camuñas e un gran traballo na presión. Moito respecto é o que merece Bodipo e menos cachondeo. Moitos debería aprender da intensidade que lle pon.

O final empate, nun campo moi difícil, nunha situación moi difícil que solventamos cunha mostra de carácter que me gustou. Ata nos sobrepuxemos a lesión de Roderick e rematamos o partido co debutante Insua (que non desmereceu nada a ningún titular) e Aythami barcoaladeriva Artiles.

Ahh!! E saímos de postos de descenso. A falla do partido de hoxe estamos empatados co Granada e co Vigo. Si, ese equipo que xoga un fútbol tan deslumbrante para certos xornalistas coruñeses.

Xornada 13

G 2 P 6 E5
11 ptos, GF 19 GC 28
17º Posto

Nota do equipo: 6 sobre 10

O figura: Abel Aguilar e Lux

O carallo: Aythami 

Advertisements