Etiquetas

Xa había tempo que non facía ningún post sobre libros, non porque neste tempo non lera nada senón mais ben por ter mais interese noutros temas para o blog…ou incluso certa deixadez pola miña parte. O caso é que estou rematando por enésima vez a triloxía Señores de las dos tierras. En castelán por suposto. Atopar títulos de escritores non galegos no noso idioma e farto complicado. En fin….

Todos temos un escritor/a ou un libro concreto o que recorremos insistentemente cando non temos algunha lectura interesante. Apostamos polo seguro e imos a libros que, dalgún xeito, nos marcaron por algún motivo. No meu caso coinciden os dous. O libro que mais veces lin é Aguilas y Cuervos de Pauline Gedge e é esta escritora neozelandesa a que recorro cando non teño algo interesante que ler. Como dicía unhas liñas mais arriba desta vez puxenme con Señores de las dos Tierras, unha triloxía da que forman parte os títulos La Cienaga de los Hipopótamos, El Oasis e El Camino de Horus e a través dos cales vainos desenrolando a revolta levada acabo pola familia Tao contra os gobernantes Hicsos de Exipto no século XVI a.C.

Unha lectura moi amena e interesante baseada en feitos históricos e que, a maiores do compoñente narrativo, pódenos dar unha visión bastante clara sobre o xeito de vida e os estamentos sociais do Exipto do período que deu lugar a etapa coñecida como Imperio Novo de Exipto. Se vos interesa a exiptoloxía claro.

Advertisements