Etiquetas

,

Deportivo 2 – Betis 3

Novo hostiazo na cara o que levamos o domingo. Os partidos en Riazor son unha ruleta rusa na que tanto podes ir perdendo dous a cero no minuto dez do 2º tempo, como lograr empatar en quince minutos de maxia colectiva e tirar o partido pola borda por non saber baixarse da tolería que afecta as bancadas de Riazor. Con vinte minutos por diante, recen acadado o empate e co rival desnortado e encerrado na súa area é tarefa do adestrador baixarse da enaxenación dos seareiros, do tsunami que é Riazor e pausar o partido.

Non se fixo e, igual que o ano pasado, tiramos unha moeda o aire. Saíu cruz.

Xornada 14

G 2 P 7 E5
11 ptos, GF 21 GC 31
18º Posto

Nota do equipo: imposible de puntuar

O figura: Riki, Bruno, Alex

O carallo: Roderick, Abel, Oltra, Pizzi

Advertisements