Etiquetas

,

Deportivo 0 – Valladolid 0

Partido moi difícil o que se xogou onte en Riazor. Non polo rival, nin pola clasificación, senón polas sensacións de impotencia que vimos arrastrando. Sensacións que din que a cousa está moi difícil. O partido estivo marcado polo conservadorismo. Eles viñeron rascar un empate e case levan os tres puntos. Nos tivemos medo a perder. Moito medo. O equipo estivo mais protexido que outras veces, Marchena exerce para o que o trouxeron, líder indiscutible da zaga e do equipo con permiso de Valeron. Gustoume a variante que da Salomao en banda e que permite meter a Pizzi na media punta. Moita menos calidade que Valeron pero mais eléctrico o que axuda a frear a saída de balón e libera un pouco a Riki (non hai cartos para pagarlle o que fai). O partido tería sido dunha cor mais branquiazul de ter mais consistencia no medio pero, sorpresa, Alex Bergantiños tivo un mal día. Podémoslle perdoar, ten crédito, non coma outros…

Xornada 16

G 2 P 8 E6
12 ptos, GF 21 GC 37
20º Posto

Nota do equipo: 5

O figura: Riki. Baleirouse. Deu todo o que tiña e mais, dóelle a camiseta e notase. Bruno tamén moi metido

O carallo: O peor do partido para min foi Alex, pero non merece metelo nesta sección por un mal día.

Advertisements