Etiquetas

Esta mañá escoitaba na radio que Azkar, a empresa de transportes líder no estado español, deixa de ter capital galego e pasa a mans da empresa alamana Dacsher. Ata aqui todo correcto, podese ata considerar positivo que o capital estranxeiro se fixe nas empresas do pais, síntoma de que algo estarán facendo ben. Temos outro exemplo en R. A teleco galega pasou a mans dun fondo de inversión, creo que holandés, pero mantendo o seu centro de dirección aquí, baseado nun plan de negocio extremadamente claro. O problema ven cando ves os exemplos doutras empresas que tiveron o mesmo destino. Banco Pastor, Fenosa, Fadesa…todas empresas de sectores estratéxicos para Galicia que pasaron a mans foráneas e que, e aquí está o importante, levaron os seu centros de dirección fora do pais.

Temos tamén o exemplo das caixas, a súa fusión e posterior control por parte do estado para a súa partición e liquidación. Doe ver como o tecido empresarial e económico que existía en Galicia hai só dez está quedando en nada grazas a histórica deixadez dos diferentes gobernos galegos nos seus plans económicos, baseados como norma habitual, na subvención as empresas sen preocuparse o mais mínimo do apoio os sectores produtivos. O actual presidente, señor Feijoo, afondou aínda mais nese camiño o converter o goberno galego nunha delegación administrativa do estado e favorecendo que os seus amigos de Madrid tomaran o control da meirande parte dos sectores produtivos do pais.

A oposición (BNG, PSOE) tamén abandonou, historicamente, a pemes e autónomos. Nunha situación coma a actual, o apoio os sectores estratéxicos da economía galega para que creen riqueza, non so económica, no pais é esencial. O día que un partido con responsabilidade tome conciencia da importancia dos sectores produtivos na realidade galega poderemos asentar unha base firme cara a defensa dun autogoberno que está mais en perigo que nunca

Advertisements