Levaba tempo sen escribir no blog e mais aínda sen facelo dos libros que caen polos meus dominios. Nestas pasadas festas de Nadal caéronme un par de títulos os que lle tiña moitas gañas. “Africanus, el hijo del Cónsul” de Santiago Posteguillo e “El invierno del mundo” de Ken Follet“. Por suposto ámbolos dous en castelán porque non se publican traducidos o galego.

A maiores, hoxe lin un artigo en www.letraenobras.com con titulo “E se a literatura galega precisa mais best-sellers e menos elites mirando o embigo‘” e xuntando as dúas cousas volveume a cabeza un tema que considero importantísimo para o mantemento do idioma galego. Pode subsistir o galego recluído sobre si mesmo? O meu entender rotundamente non.

Di Pedro Feijoo, autor do artigo, que hai que normalizar a literatura, facela algo común e non algo de “culturetas” elitistas. Concordo absolutamente con el na necesidade de novos camiños para a literatura galega e parte importante deses camiños, pasan por ofrecer os lectores traducións o galego de best sellers internacionais para acceder a unha literatura, en galego, que a dia de hoxe está vedada no noso idioma.

“É que non hai demanda” dirán algúns. Como vai haber demanda se non hai oferta? Precisamos literatura “·actual” en galego. Poder ler as obras dos membros mais destacados do star system da literatura internacional. Se non, mal imos

Advertisements