Etiquetas

Esta semana coñecimos a nova de que se descubrira o testamento do nobre galego do século XV Pardo de Cela. Simbolo da resistencia galega contra dos Reis Catolicos e de Castela para uns, pouco mais que un bandoleiro para outros, a figura do nobre galego non deixa indiferente a ninguen. O sentido comun dime que considere certas as dúas ideas, cos matices necesarios que sempre hai que tomar nestes casos. É certo que os Reis de Castela tiveron que invadir militarmente Galicia para poder exercer un control real sobre o Reino pero tamén é certo que a nobreza que gobernaba Galicia por aquel tempo defendia mais os seus privilexios emanados do control do Reino que unha independencia do pais tal e como a entendemos hoxe en dia. Principalmente porque a independencia de Galicia de facto era unha realidade desde a fundacion do Reino no século V ata, precisamente, o final do proceso de control politico militar emprendido polos monarcas castelans, e os nobres galegos eran peza fundamental a ter en conta no equilibrio de poder en torno a coroa, xa estivera esta en mans proximas a Galicia ou non.

O estudio da historia ten o gran problema de depender de interpretacions. O caso de Pardo de Cela é o mellor exemplo. Para a historiografia española non pasará nunca de ser un rebelde fronte a coroa. Para a historiografia galega é o meirande exemplo de resistencia fronte o invasor. Ter acceso as dúas versions tornase logo esencial para poder obter unha idea aproximada da realidade, que é o derradeiro fin que deberia perseguir un historiador. Contar os sucesos do pasado sen deixarse levar pola ideoloxia do momento no que vive. Levame isto o principio do tema que realmente queria tratar. A existencia de Galicia como realidade politica o longo da historia. Poucos de nos tivemos a oportunidade de chegar a estudar Historia de Galicia fora da universidade. O pouco que se explica da historia do noso pais é sempre dentro do que se chama historia de España seguindo a tendencia da historiografia oficial de englobar baixo ese paraugas todo o que sucedeu nos reinos peninsulares o longo dos séculos, algo curioso sen dubida. Sobre todo tendo en conta que a idea de España como estado-nacion non comeza a fraguarse ata, como pronto, mediados do século XVIII. Galicia sí existiu o longo da historia como tal.

Os fenicios xa comerciaban cos kallaikoi en busca de cobre durante a idade antiga. O ascenso de Roma como potencia no mediterraneo traeria os comerciantes da lazio as costas dos gallaeci que daría lugar a denominacion do territorio como Gallaecia coa reforma administrativa emprendida polo emperador Diocleciano xa no século III d.c, os suevos fundaron o Reino de Galicia no século V d.c….Porque esta falla de datos? Porque esta falla de informacion aberta e ampliada? A configuracion do estado nacion de España durante o século XVIII e, principalmente, o XIX e a corrente cultural do romanticismo levaron a necesidade da configuracion dunha historia oficial. Limpa de posibles inxerencias. Isto non quere dicir que sexa falsa na sua totalidade. Non. Simplemente, como dicia o comezo é unha version da historia dunha das partes en conflicto. E isto levame o terceiro actor no escenario que plantexo. Al andalus. Os musulmas conviviron na peninsula iberica cos reinos cristians durante oitocentos anos. As veces como forza dominante. As veces sometidos a outro poder. Que nos deixa a historiografia arabe?. Ata o século XIII a inmensa maioria dos documentos que fan referencia os acontecementos politicos da peninsula falan de Galisiya ou Yilliqa. A realidade dos árabes era o Reino de Galicia, o territorio noroeste da peninsula. Territorio organizado politicamente e que nunca controlaron. Porque esta diferenza entre as fontes islamicas e as cristians? Se cadra non é tanta. Si que é certo que existe un esquecemento deliberado e unha “adecuacion” as necesidades politicas. Non pretendo con este post tratar un tema tan dificil como é a realidade historica de Galicia (innegable para min) pero chama poderosamente a atencion que Galicia sexa actor politico principal para os cronistas musulmans, monxes irlandeses, historiadores ingleses ou franceses…escribo este post porque creo que é preciso recuperar o estudo da historia de Galicia. Con claridade, sen desbotar ningunha fonte nin centrarnos exclusivamente na que interesa a ideoloxia galeguista ou a españolista. A realidade é moito mais marabillosa que as invencions dun e doutro bando.

Advertisements