Grandes cousas que me pasan pola cabeza de cando en cando. O tema é dos complexos. É mais…o mellor haberia que preguntarse se é posible artellar un novo proxecto político. Por suposto refírome a algo con percorrido, non a aventuras varias froito mais dun exabrupto de indignación social ou de estranas alianzas que dun proxecto con base e calado.

A teoría di que todo é posible. A practica estase tornando mais complicada. Vellos costumes de militancias pasadas monopolizan actitudes, formas e modos cunha facilidade pasmosa. Son mais pancartas o que demanda a sociedade? Chegan realmente esas accións a xente de a pé, que non está politizada? A miña impresión é que non. A sociedade demanda solucions, demanda proxectos e demanda novos xeitos de actuar. Non unhas novas siglas detrais da mesma pancarta porque porque pode dar a impresión de que a intención é gañar hoco e de ai a pensar que se busca meter a cabeza no sistema actual e formar parte do xogo non hai nada.

Outro dos grandes aspectos que me preocupan nas formas é a linguaxe que se emprega. Ando canso de escoitar expresions como o pobo galego, os bos e xenerosos, a xente de ben todo expresions que estan moi ben dentro do micro universo que emprega o Sempre en Galiza de Castelao como os membros do Opus a biblia. O mellor ata tamen empregan o cilicio cando cren que non foron uns bos galegos de manual.

Estamos no século XXI, un tempo de internet, redes sociais, globalizacion. Un tempo no que o que pasa as 19:30:00 nun despacho da Coruña, as 19:30:01 sabeno en Seattle, Berlin, Bos Aires ou Sao Paulo. Ollo, con isto non estou aceptando a globalizacion como mantra, pero si que penso que hai que ser locais, para poder ser globais. Isto é adaptar o tempo no que vivimos o xeito de comunicar e de dirixirnos a sociedade, abrirnos, pero alguns ainda falan de chegar os bos e xenerosos desta terra. Ese é o camiño para ser un novo fracaso. O camiño para non chegar a maioria da sociedade senon para ficar con ese 10% que segue co mesmo discurso baleiro desde os anos cincuenta do pasado século.

Propostas reais, traballo para dalas a coñecer e poñelas en marcha en canto é posible. Sen buscar fotos e sen estar atados pola inmediatez e as urxencias políticas. Plans estructurais que non sexan parches para tapar/aproveitar a desesperación deste ou aquel sector. Non vale absolutamente de nada, por exemplo, un plan de acción contra a crise do sector lácteo sen un plan integral dos sectores productivos do rural. Poder ir de Concello en Concello e dicirlle a xente “Señores, señoras, esté é o proxecto de CxG para Galicia e, concretamente este é o proxecto para as comarcas rurais” Por ai é por onde se empeza. Por ai parece que se empezou esta semana pasada.

Pode que durante un tempo haxa que permitir certos matices ata que a base sexa mais firme, pero estando sempre vixiantes de que o pancartismo e o que representa non se convirta en norma e domine o todo.

Teño moitas esperanzas en que sexa este o camiño que toma Compromiso, nesa dirección será na que poña o meu gran de área. Moitas mentes quedan por liberar de vellos dogmas que se demostraron fracasados, excluintes e minoritarios.

Advertisements