Etiquetas

,

Levaba tempo sen escribir sobre o Deportivo no blog. Comecei a tempada co proposito de facer unha minicronica de cada partido pero, a medida que o equipo se afundia funo deixando. Non queria contribuir con letras a que o meu cabreo aumentara. Este sábado a lóxica fixose real. Cumio do desastre.

Unha tempada lamentable no futbolistico e outro exercicio lamentable no administrativo. O Club está en concursal, cunha debeda inxente e botado nas mans dunha unica persoa. Lendoiro. Un Club profesional, unha empresa, non pode ser xestionado como se se tratará do negocio dun autonomo, no que todo o fai o único que manda. Non se pode xestionar así. Mentres hai pasta, non hai problema, cando non hai pasta e hai que xestionar….ai sae todo.

Así que seguindo a liña do artigo de Andres Rios Reseteando toca cambialo todo. Crear a estrutura do club, cambiar a politica do club, cambiar todo o que nos levou ata aqui. Só asi poderemos manter o que nunca cambia, o deportivismo. Inquebrantable no desanimo, inxente en número, sempre fiel…É moito o que nos xogamos, que os egos personais se fagan a un lado para que o Real Club Deportivo se poida poñer a altura dos que o mantemos con vida.

É o momento de cambialo todo, para que nada cambie

Advertisements