Etiquetas

Levaba tempo sen escribir no blogue, por preguiza principalmente, pero sempre hai algo que prende lume na cabeza e que fai que esa voceciña que levas dentro diga “vou facer un post sobre isto”. Neste caso a faísca foi ler un artigo de Xosé Hermida no El Pais sobre o novo libro de Suso de Toro Inmateriais que o autor compostelán ve, segundo explica no artigo, “como un intento de hacer ver a los lectores que aquí ha habido grandes figuras que pudieron haberse erigido en los constructores de un país. Había capital humano y Galicia podría haber existido en la Historia como un país cualquiera, y no como esta tierra devastada y derrotada que tenemos ahora. Es el retrato de una Galicia en potencia y también el resumen de un fracaso

Terra devastada. Non atopo mellor definicion para describir a situación de Galicia. Moitos me chamaredes esaxerado, cabreado permanente ou incluso diredes que vivo fora da realidade. O mellor tedes razon, pero se nos paramos a pensar decataremonos de que Galicia existe como tal desde hai case dous mil anos, aqui temos historia, temos cultura, temos potencial económico, temos unha natureza exuberante e diversa, tradicións, gastronomía…o temos todo para ser, para existir.

Poren a existencia de Galicia como suxeito histórico é permanente ignorada por case todos, cando non negada ou terxiversada. A cultura galega discriminase e minusvalorase permanentemente desde os distintos gobernos e desde a propia sociedade galega (non hai mais que ver a situación do idioma) e do potencial económico xa hai moito dito e pouco se pode descubrir. Que un pais (territorio, rexión ou zona) coa situación xeográfica de Galicia, o seu potencial en enerxías “verdes”, en industrias forestais, pesqueiras, agrarias, que ten (ou tiña) industria forte, comercio…teña unha taxa de paro como a que temos e un nivel de desenrolo social e económico como o que temos deixa ver que isto é un quero e non podo. Ou mellor dito, un podo pero non quero porque non o creo.

E con isto chego o que considero o mellor exemplo do que puido ser e do que é. A natureza e a biodiversidade. Fragas, rios, rias, outeiros, serras, unha costa envexable….o temos todo para ser un autentico paraíso natural, sostible e desenrolado. En troques temos os montes baixo a ameaza permanente dos incendios, infestados de eucaliptos que dan cartos rápidos e doados, os ríos e rias están altamente contaminados e a costa vítima do urbanismo salvaxe e descontrolado como o resto do territorio. Velaí tedes os exemplos de Sanxenxo, Barreiros, Santa Comba…e tamén nas cidades onde o desenrolo urbanístico fíxose as bravas.

A diferencia entre o que puido ser e o que é Galicia é abismal. E aínda así algúns aínda pensan, pensamos, que se poden mudar as cousas e arranxar a desfeita.

Advertisements