É sen dubida unha das novas do ano. A derogación da doutrina Parot polo, ollo, Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo. Case nada.

As actuacions deste tribunal sempre pareceron alleas a sociedade occidental. Era algo propio do terceiro mundo, de países con guerras como Serbia ou Bosnia. Pero non dun estado membro da UE. Porén ai temos o estado Español, o seu goberno, e a sua sociedade. Incapaces de aceptar as regras do xogo cando van contra do seu xeito de ver as cousas. Porque aquí non se está falando só de liberar terroristas, iso seria simplificar demasiado a cuestion, estase falando de que un estado supostamente democrático coma o español saltase as suas propias leis cando lle ven en gana e monta en cólera cando a Xustiza internacional lle para os pés. Pero que se podía agardar? España é un estado no que os seus principais partidos neganse sistemáticamente a xulgar de xeito serio a ditadura, condeando ainda que sexa post mortem os seus responsables, no que ten que ser a xustiza Arxentina a que abra investigacions contra o franquistmo (igual que fixo España con Arxentina) e que manteñen sen pudor miles de desaparecidos ata o punto de que o español é o segundo estado do mundo con mais fosas comuns despois de Camboia. Si, Camboia, a de Pol Pot e os seus millons de mortos, a que saia pola Tv e escandalizaba tanto.

Por que se da esta situación? Principalmente porque o estado español mantivo ata ben entrados os anos noventa o código penal da ditadura franquista e a doutrina Parot, non é mais cun intento de tapar esos erros coa connivencia de PP e PSOE. É xusto que se anule? Pois se o di un Tribunal supra estatal é xusto. E moralmente? Para min non. O terrorismo, a violencia, xamais pode ser unha opcion. Veña de onde veña. Exemplificando na persoa de Ines del Rio son dos que pensa de que debería pasar mais anos, moitos mais, en prisión (toda a vida? Ese é outro tema) pero nunca a expensas de pasarse a lei polo forro.

E quen sae gañando con todo isto?. Pois loxicamente os presos afectados pola doutrina Parot e, sobre todo, a chamada caverna, focalizada no PP e en partes importantes do PSOE. Sae gañando, e moito, porque pode seguir axitando bandeiras para ledicia dos seus ultras e porque pode seguir negándose a aceptar as regras do xogo democrático no que, mal que lles pese, todo é susceptible de ser votado e negociado.

Advertisements