Etiquetas

, ,

Gústame ler a prensa económica. Estar o día das informacións que me afecta o peto. Un dos meus xornais de cabeceira é o medio On Line Economía Dixital. Por varios motivos. O principal porque ten edición dedicada a Galicia e ata hai uns días, mantiña unha versión en galego. Xa non.

O pasado 11 de marzo entrei a buscar unha nova sobre o proceso de negociación do R.C Deportivo cos bancos e facenda e saíume en castelán. Preguntei por twitter e respostáronme que lamentablemente tiñan que prescindir da edición en galego.

Sorpresa, sorpresa. Outro medio de comunicación, dixital como non, que deixa de publicar en galego. Destaco o de dixital porque pouca prensa xeral hai en galega, por non dicir ningunha. Cousa curiosa cando ano tras ano o Goberno de Galicia subvenciona cunha chuvia de cartos os grupos mediáticos do país por publicar e promocionar en galego.

Neste caso o medio en cuestión é o xornal dixital de economía economíadixital.es que ten unha edición para Galicia e que ata hai pouco daba a opción de galego ou castelán segundo quixera o lector. Agora mesmo xa non hai esa opción e quedarán só coa versión en castelán da edición galega. Vaia incongruencia, non? Versión en castelán da edición galega. Imaxino a un xornal inglés dicindo “Seguira funcionando a versión en ruso da edición británica”.

Pero esta non é unha sociedade normal. Somos quen de saír a rúa en masa a en manifestacións de Pro Lingua ou Queremos Galego pero cando hai que consumir somos incapaces de esixir igualdade.

Sigoo lendo (en castelan) porque manten a edicion de Galicia e polo menos temos un medio economico diario no que informarnos da nosa actualidade economica. Tocara conformarse, coma sempre.

É a pescadilla que morde a cola. Sen demanda non hai oferta. O problema é que cando un sector como o xornalístico que recibimos moitísimos cartos en modo subvencións e contratos co Goberno de Galicia debería ser o revés e crear a oferta. E xa verían como habería demanda. Porque, tanto custa editar unha porcentaxe da tirada de xornais como La Voz de Galicia ou El Correo Gallego en galego?
O que está claro é que sen oferta non hai demanda, e sen demanda non hai oferta. E mentres na economía e na comunicación, sectores esenciais na sociedade actual, non estean en condicións de igualdade galego e castelán para que o usuario poida “escoller galego” e non simplemente “ter a opción de galego” o futuro pinta negro.

Advertisements