Etiquetas

Vouvos contar unha parábola.

Resulta que había un cadrado que se cría o embigo do mundo, vangloriado na historia que el mesmo se creou e que o levaba a crerse un cadrado cuxa orixe se perdía no principio dos tempos. Algo case místico e imperturbable. Incluso unha vez lle fixeran crer que era un rectángulo enorme, aínda que só fora a suma dun montón de cadrados.

Mais resulta que dentro dese cadrado había tres círculos, que o longo da viaxe conxunta co cadrado en cuestión, de ir e vir, mostraron mais dunha vez a súa disconformidade a ter que estar dentro da figura xeométrica meirande. O cadrado, preocupado, fíxose mais cadrado ainda pero como non lle chegaba para deter os círculos decidiu tomar medidas.

O primeiro circulo inténtao parar deixándolle que manexe os seus impostos e o circulo, intelixente, pensa que polo momento é abondo aínda que segue falando de ser un circulo ceibe polo baixo, e desta vez sen os balbordos do pasado que tan mala imaxe lle crearon.

O segundo circulo, o mais débil, o que lle fai é negarlle a súa forma. O circulo mira fora do cadrado e pensa, son un circulo. Mirase no espello dos outros dous e pensa si, son un circulo. De feito realmente, dentro do cadrado, son o único circulo real. Pero o cadrado mira para el e dille que nin circulo nin nada. Que non é mais cunha das esquinas do cadrado e que en consecuencia deixe de soñar con figuras xeométricas raras. Que iso non é de bos cadrados. E o circulo, inseguro despois de levar centos de anos escoitando o mesmo discurso, dubida. E acepta.

Pero o cadrado segue a ter o problema do terceiro circulo. Circulo que o axudou no pasado a ser un cadrado, pero que agora xa está farto de ser unha esquina mais. Empezou a decatarse que polo mundo adiante hai círculos fora de cadrados e que lles vai moi ben sendo eles mesmos. E tamén queren. Entón o que pide é que lle deixen decidir se quere ser circulo ou seguir no cadrado, pero non lle deixan porque para o cadrado dominante, a decisión ten que ser do cadrado. E non dos círculos.

Advertisements