Cada vez que se achega o 14 de abril hai unha retaila de actos conmemorativos da instauración da II República Española, actos que se defenden con mais ou menos vehemencia dentro de Galicia e entre os propios partidos políticos galegos. Sobre todo agora que unha parte do nacionalismo politico ten como socios os que se autoproclaman herdeiros da politica republicana ainda que en trinta anos desta cousa que lle din democracia española nunca os vin defender un cambio de sistema de estado mais ala de algunha declaracion calculada de cara a galería.

Antes de seguir quero destacar que a República, como sistema político, é o único que contemplo como viable, toda vez que resulta incriblemente anacrónico en pleno século XXI que a xefatura do estado sexa hereditaria, mais aínda no caso do estado español xa que a herdanza provén da ditadura. Pero estoume desviando…

Eu, neto de republicano por parte de pai e de republicano catalanista, oficial no exercito republicano, por parte de nai, fun evolucionando na miña postura ante estes actos e ante a propia República Española. A influencia dos meus avós sobre o meu xeito de pensar e de ser é importante e cando me empecei a interesar por temas políticos vía o republicanismo como algo positivo, no que cabía a posibilidade de que Galicia puidera desenrolarse como país dentro dunha República española.

Pouco a pouco, cos anos, os pensamentos mudan, as actitudes tranquilizanse pero as posturas volvense mais inflexibles respecto o encaixe de Galicia no estado español. A día de hoxe xa considero que República ou monarquía para o estado español é un debate que a Galicia pouco lle interesa, mais aló de que afectan o estado no que nos situamos. Desde este punto de vista defender o republicanismo para o Estado Español pode ser ata algo loxico.

O problema que temos é de actitudes, propias e alleas, que estannos levando a preeminencia dunha idea xeralizada de supremacía dunha identidade sobre outras como único xeito de validar o Estado Español. En visto disto,  teria algunha vantaxe para Galicia? Substituir un Rei por unha xefatura de estado electa, vai mudar algo para nos? Un hipotético estado republicano pode ser igual de centralista e reaccionario que agora coas aspiracions e necesidades políticas e económicas do noso país.

Non, eu xa non agardo polos cambios e as cousas positivas que poida traer a República. De España, para Galicia, nunca ven nada bo

Advertisements