Etiquetas

A identidade historica do Deportivo forxouse sempre nas grandes esperanzas. Unhas veces acompañadas de exitos e outras de tremendas decepcions. Iso sempre foi asi. Eu son da xeracion que empezou nesta fé nos anos 80, en plena longa noite de pedra. Teño marcados a lume o gol de Vicente e a decepcion contra o Tenerife. Meu pai sempre se ri de min porque di que iso non é nada, que el veu o Deportivo en 3ª. A de meu pai é a xeracion do equipo ascensor, demasiado forte para segunda, demasiado debil para primeira e de ai ven o titulo do post.

Despois do partido de onte, e o da semana pasada en Lugo xa teño interiorizado que non imos aproveitar a vantaxe que temos. Tocará sufrir, coma sempre. Son dos convecidos de que ascenderemos e de primeiros, pero como hai dous anos será na penultima xornada, en casa, desta vez contra o Xaen.

Na casa. Riazor. Un templo. Moi poucas veces hai criticas xeralizadas en Riazor. Poucas veces foron necesarias. Por iso desta vez, ante a posibilidade de novos anos de ascensos e descensos, de sufrimentos por exceso ou defecto, hai que mandar un aviso a navegantes ben alto e ben forte. Un berro de NUNCA MAIS que se tome non como ameaza, se non como aviso do que queremos. E do que merecemos.

Advertisements