Despois das pasadas eleccions Europeas é precisa unha reflexion sobre os resultados desde un punto de vista partidario exclusivo para Compromiso por Galicia. Non debe cundir o desanimo.
É evidente que pouco menos de dez mil votos é un resultado frustrante e decepcionante para militantes e afiliados que traballaron duro para sacar adiante unha campaña como a que encabezou Paulo Carlos. Se a iso lle sumamos que é a segunda vez en dous anos que levamos un revolución electoral, pódese ata entender que cunda o desacougo e o desanimo.

Poren, os resultados habería que valoralos en función dos obxectivos marcados e dubido que eses pasaran por un resultado “ilusiónante” nestas Europeas. A miña valoración é a seguinte:
  • Acadamos certa visibilidade mediatica, facendo que a marca CxG xa non sexa absolutamente descoñecida.
  • Reafirmamos unha liña de traballo moi positiva como é a política sen estridencias.
  • Diferenciámonos claramente do resto de forzas galegas.
Levamos dous anos de andaina política, de preparación, para o que será o punto de partida real de CxG. As municipais de 2015. É aí onde haberá que xulgar os resultados obtidos. E teremos que ser prudentes o marcar eses obxectivos os que queremos chegar xa que, por exemplo, é evidente que non chegaremos a presentarnos en todolos concellos (Cambre é unha mostra) polo que non vale de nada facer contas no aire pensando que sacaremos moitos concelleiros porque non vai ser así. As próximas municipais serán a oportunidade de empezar a meter a cabeza na area política. Se somos quen de aumentar minimamente a actual representación será un éxito. Ese vai ser o verdadeiro punto de apoio sobre o que cimentar o crecemento do partido.
Así que pediría un pouco de calma e reflexión. Escollemos un camiño longo e difícil, afastado de propostas populistas e da política de pancarta e altofalante, que tanto parece triunfar. E sendo certo que temos a necesidade de aprender e aproveitar estes resultados para mellorar o noso ideario colectivo, tamén é certo que non debemos cometer o erro de querer mudar o rumbo iniciado polo simple obxectivo do resultado electoral doado.
Reafirmémonos nas nosas conviccións e discutamos como melloralas, pero tendo en conta sempre que CxG inicia o seu camiño REAL coas eleccións municipais do 2015. É a partir desa convocatoria cando haberá que ver os resultados e valorar se o camiño é o correcto.
Advertisements