Etiquetas

Non me gusta moito escribir sobre o Deportivo porque a paixon, positiva ou negativa, limita moito a posibilidade de ser obxectivo. So quero deixar catro apuntes sobre o que penso que pasou durante estas ultimas semanas e que rematou onte nunha ultima xornada de fichaxes con opcions aparentemente desesperadas.

Empezamos o verán ben, completando o lateral esquerdo por primeira vez en moitos anos con Canella e con opcions de calidade para o ataque con Lucas e Cuenca. Parecia que a planificacion existia e que abandonariamos esa sensacion de improvisacion, de botarnos en mans dos axentes dos ultimos tempos. Viñeron Fariña e José Rodriguez apostas interesantes ainda que por demostrar, o mesmo que Cavaleiro. Recuperamos a Salomao que ten a sua enesima ultima oportunidade de ser futbolista. Trouxemos a Medunjanin, o que para min é un dos grandes acertos deste verán, e cando todo parecia que ia ben encamiñado para traer dous centrais e un 9 estrela chegou o descontrol culminada coa fichaxe onte de Moreno, o 4º lateral dereito do plantel.

Perderonse semanas intentando a chegada de Mitroglou e descoidouse o peche da defensa. Resultado, cortos nos centrais, overbooking no lateral dereito e sensacion de mala planificacion. O plantel segue descompensado na zona mais vital, a defensa xa que seguimos sen contar cun central rapido de corte e trouxemos a Sidnei, un armario que non sabemos como rendira.

O curioso é que o resto do plantel está ben configurado, incluida a chegada de Postiga para a dianteira pero polos erros destas duas ultimas semanas a sensación que todos temos é de fracaso. De feirón

Advertisements