Etiquetas

Polas novas que van saíndo estes días parece que o sistema de cloacas do Estado está rebordando. Cheira a merda por todas partes sen distinción partidaria. Neste noso país (si, aínda lle podemos chamar país) a situación é similar aínda que cunha pequena diferencia. Se no Estado todo parece indicar que Podemos canalizara todo o tremendo descontento existente, na Galiza non hai unha alternativa clara os xestores do PP.

O PSdG en Galicia non existe, e o PSOE está tentando asentar ese verniz “coletas” que lle intenta dar a dirección de Madrid.

AGE esta desaparecida en combate (nunca mellor dito), enleada en si mesma con debates, escisións e renuncias a vida parlamentaria porque total…para o que vale o Parlamento. Están cómodos na trincheira, dedicándose a insultar o goberno e denunciar as súas tropelías. Ollo, que está moi ben facelo, pero algo mais terán que facer, non sei…algunha proposta, algunha alternativa. Algo, mais ala de denunciar temas de liberdade de expresión parlamentaria ou de imposicións que non solucionan os problemas da xente.

O BNG segue aí, recuperándose das navalladas que levou na súa implosión de hai un par de anos. Pensaba que con Vence iría mais cara a política socio económica pero Cataluña é unha droga que engancha e dan a impresión de estar mais preocupados polos procesos soberanistas doutros países que polo noso. É inxusto porque si que ten propostas (esteamos ou non dacordo) pero a imaxe que percibe a rúa é outra.

Logo estamos os de Compromiso, empezando polos alicerces que teñen que ser as municipais do ano que ven. Polo menos nalgunhas comarcas do pais. Pouco a pouco. O proceso é lento e dificil e non é o noso tempo pero quero pensar que chegaremos a estar preparados nalgun momento.

E así está o PP de tranquilo pese a estar enlamado pola corrupción sabendo que mentres non teña que subir o ring propositivo ten sempre as de gañar.  Aínda así Feijoo debería andar con ollo porque estáselle xuntando moito que limpar. Compostela, Marcial Dorado, Pemex, caso Pokemon, Picachu, Campeon e agora operación Z……

Pero non todo é escuridade en GaliMordor. Reapareceu Anxo Quintana para dar unha serie de conferencias sobre a situación de Galicia. O tempo pon a cada un no seu sitio e visto o nivel dos políticos actuais con representación a figura de Quin parece un xigante. Podería ser quen lidere unha alternativa crible e sostible, a alternativa que defina por fin o debate en Galicia entre nos e eles e bote a un lado a loita esquerda/dereita xa que esta non é a que impide o progreso e o desenrolo de Galicia. Non somos nin Brasil (parebens o PT @@MLDario) nin Urugai. Non estamos en sudamerica. Estamos no corazon da economia de mercado, en Europa. A nosa problematica é de poder de decision, unha problematica socioeconomica cunha causa ben identificada como é a dependencia dos intereses do estado por riba dos nosos propios e un grave problema de percepcion social do noso.

Parece que o seu obxectivo inicial non é mais que provocar o debate pero ogalla mude de opinión. Un líder carismático, un proxecto nacional, unha derradeira oportunidade de futuro.

Ser para convencer. Convecer para vencer.

Maña escoitareino na Coruña

Advertisements