Sobre mín

Ola a tod@s;

Voume tentar definir nunhas poucas liñas

Son galego, da Coruña dende que nacín no ano 78. Considérome unha persoa aberta que gusta de estar coa miña xente. Os amigos, a familia e a miña parella son o meu reduto de tranquilidade.

Adoro o deporte. Válenme todos pero co que toleo é o fútbol. Mais ben O FÚTBOL. Sendo da Coruña só podo ser dun equipo o REAL CLUB DEPORTIVO, así en maiúsculas. A verdade é que chega a ser unha obsesión.

Gústame moito ler. Devoro os libros. Leo de todo e todos os días. Considero que a lectura é algo que abre a mente da xente e aumenta as túas capacidades intelectuais, mentais e ata sociais.

Teño paixón pola cociña. É unha actividade que me relaxa e a que dedico bastante do meu tempo. Teño que darlle as grazas a miña nai e a miña avoa por ensinarme todo o que sei sobre as artes culinarias. De feito teño coa miña parella un blogue culinario Cazolear, no que imos deixando post cos nosos pratos. De todos os xeitos considérome un total aprendiz e intento absorber todo o que vexo que teña relación cos fogóns.

Tamén son moi afeccionado da Historia. Empecei a estudar a licenciatura de Historia na Universidade de Santiago de Compostela, pero non rematei. Cousas da mocidade. Son dos que pensan que para mirar o futuro con tranquilidade hai que coñecer o noso pasado para non cometer os mesmos erros.

Por último, considérome involucrado politicamente. Estou afiliado o partido politico Compromiso por Galicia.  Sempre me considerei de esquerdas mais actualmente é unha ideoloxía que perdeu a súa intención inicial de defensa das clases medias e baixas. Creo que hai que atopar un equilibrio entre a economía de mercado e a protección social en tódolos seus ambitos. 

Este son eu

Advertisements

2 thoughts on “Sobre mín”

  1. Helena Villar Janeiro said:

    Encantada de dar contigo, Carlos. Cando menos temos en común dúas grandes querencias: os libros e a cociña. Graciñas por seguires Tirardofio.
    Unha aperta,
    Helena

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s